Marzo 2013

05-3-2013

de altiplano a altiplano




do centro ao sur

dun altiplano a outro
hai que atravesar moitos espacios
e leva un tempo sair da megalopoli
rexions coñecidas mais cidades
vales cañadas e un chingo de montañas
do anahuac e da cidade de mexico
á rexion e cidade de oaxaca

que llegando
dime un compañeiro

entre a ría e os altiplanos
dous anos e pico de ausencia
atrás unhas poucas estancias

ya te irás encontrando
y desencontrando
dime unha amiga

como va tu producción
os poemas van indo pois
os tempos de crises
son moi productivos

en oaxaca

 
04-3-2013

bosque de chapultepec




Bosque de chapultepec

Com tanto sol na boca, tanto sol,
como podia a sombra e seus anéis
de escama em escama aproximar-se
e rápida morder-te a cintura?


Outro nocturno mexicano

Com este sol, esta lâmina a prumo
entre os olhos,
como dar-te a beber tanta sede?,
a lâmina cravada rasgando fundo.

eugenio de andrade

dous poemas
de escrita na terra
e imaxe destes dias 


04-3-2013

o vello pedro




visito ao vello pedro
e platicamos de vagar
e paseamos polo barrio

eu coñecino en chiapas
pai do amigo pedro novo
e mesmo ocupei hai dous anos
uns dias a fermosa cabaña
que el deixou para voltar acá
a sua inmensa cidade
da que me conta historias

o vello pedro
leme unhas paxinas
que escribiu no hospital
o dialogo co outro
e memorias da familia
xogamos ao dominó
e dame unha malleira
e como boa despedida
cantame unhas rolas
boleros e huapangos

o vello pedro

manolo pipas

03-3-2013

musica danza e memoria




os tambores

e a danza na noite
en circulos concéntricos
que parten duns froitos da nai terra
e dos braseritos co fume do copal

esta danza mexica
tamén é un acto político
percusionistas e danzantes
tamén están pedindo xustiza
para os pobos orixinarios
para os indíxenas e os mestizos
diante da mesma gran porta
que pouco se divisa ao fondo
na que h.i.j.o.s. pola mañan
deixou a sua palabra

a danza coa musica
traballa a outra memoria

e detrás destes círculos
baixo os soportais doutro palacio
alguns corpos pasarán a noite

logo de mais de tres horas
para a musica e a danza
mañán voltarán

praza da fundacion
02-3-2013

porque nos faltan a todos




a praza e as rúas ás veces son nosas
la suprema corta de justicia de la nación
até agora foi sempre deles

o palacio está tomado
polos represores e as suas barreiras
e o colectivo hijos ocupa o asfalto
como cada primeiro sabado de cada mes
h.i.j.o.s.  hijos por la identidad y la justicia
contra el olvido y el silencio
comboca este acto para lembrar
aos desaparecidos politicos e exixir
xusticia e a sua presentación con vida
e o castigo aos responsables e cómplices

hijos ten trece anos e esta actividade
vai polos tres e nas primeiras veces
podian ocupar as escaleiras do palacio

desplegaronse as faixas e algunhas fotos
dos mais de vinteseis mil desaparecidos
dos ultimos corenta anos
sonou a canción comprometida coa causa
e platicouse sobre o colectivo e a acción
e leronse os nomes dos homes e mulleres
desaparecidos neste ultimo mes

porque los desaparecidos nos faltan a todos
www.hijosmexico.org

entre o palacio e o pobo


02-3-2013

o pintor e as sotanas




diego ribera o gran pintor mexica

é o autor dos grandes murais
do palacio nacional da capital
obra coral impresionante
coa historia do seu país
estampas do mundo indíxena
da conquista da independencia
da revolucion dos anos trinta
pero a obra quedou inacabada

el mesmo aparece poñendo cara
a un crego cunha prostituta
sátira deste ateo recoñecido
e imaxe totalmente actual
na hipocrita igrexa de hoxe
tantas veces coas mans manchadas
entre os roubos e a pederastria
e que busca un novo lider
que tente poñer orde
ou que sexa un monigote

acá hai un chingo de palacios igrexas
e ao estar enriba dun lago aterrado
están inclinados moitos edificios
pero non parece que vaian cair
e entre palacios atopei a andrés
contreras o juglar dos camiños
contando a sua historia das sotanas

acá as sotanas pederastras
hai tempo que son de dominio público
e é dificil que saia un xefe mexica

entre palacios


01-3-2013

coyoacan




regresei a vila de coyoacán

collin o metro e logo un pesero
e luna que ia coa sua nai
sentada a miña esquerda
abria os seus grandes ollos
e levouse un dragonciño de papel

coyoacán o lugar dos coyotes
a vila absorvida polo distrito federal
e camiñei as ruas e os parques de frida kalho
diego ribera leon troski e os seus cuates
pero como nas outras visitas non entrei
nos seus museos espacios que as veces
evito porque lles falta aire e vida

e a plática coa compañeira
dos procesos de acá e de alá...
vemonos mañán sabado
no evento de hijos de desaparecidos
vivos se los llevaron vivos los queremos

na vila dos coyotes


01-3-2013

os guaraches e o mercado




o mercado da merded é enormeeee

baixo do metro e varias saidas
cara o mercado están pechadas
volto e este espacio a reclamar
por uns guaraches ou sandalias
que cortearon en so seis dias
e tardo en percibir o tremendo fedor
que a contaminacion  a sequedade
e a altitude me teñen algo taponado

arderon ducias cecais centos de postos
e na imaxe algunhas froitas polo chan
e por esta zona estaba o posto
onde merquei os guaraches
e mentres sigan corteando e abrindo
quere decir que sigo camiñando
e que me lembrarei do incendio do mercado

volto para o metro e nel ademais de dóces
linternas boligrafos cds romanticos fundas
de moviles cadernos de matematicas....
hoxe tamen ofrecen videos
sobre os carceres mexicanos…
máis miseria

das carpas ao subterraneo